Resultados

Firma do convenio entre a Federación e o Concello de Vigo

Esta mañá desenvolveuse na dependencia da Alcaldia do Concello de Vigo o acto da firma do convenio entre a Federacion Galega de Atletismo e o Concello de Vigo en relación á xestión das pistas municipais de Balaidos. Ao mesmo asistiron o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos que estiveron acompañados tanto por parte do Concelleiro de Deportes Manel Fernández , como polo Delegado da FGA en Vigo Javier Alvarez Salgado.Coa firma do Convenio queda de manifesto cales son as responsabilidades do Concello de Vigo e a propia FGA en relación á xestión das pistas de Atletismo municipais, o cal redundase nunha maior facilidade para os usuarios e permitirá que a FGA desenvolva as súas actividades con maior flexibilidade.

Compartir: