Saltar ao contido
Arquivo

Gran participación dos alumnos nas primeiras clases do Curso de Adestrador de Club

Participativos, activos e curiosos son tres adxetivos
que definen moi ben aos alumnos que iniciaron no día de onte e hoxe o Curso de Adestrador de Club en Santiago de Compostela. Nestas primeiras clases adquiriron coñecementos no eido da anatomía e
do movemento, analizando exercicios de forza e estudiando os músculos movilizados nestes. Tamén impartiuse docencia relacionada á integración no deporte de persoas con discapacidade e por último
analizouse o sistema deportivo actual e os axentes que participan neste sistema. Os alumnos amosaron gran interese nesta primera xornada de formación, creándose continuos debates e fortalecendo as
unións entre os membros dos disintitos clubes representados e entre os propios adestradores. A Federación Galega Atletismo desexa felicitar públicamente a boa actitude dos alumnos e anímalle a
seguir o curso nesta liña. Tamén agradece á Residencia Universitaria Burgo das Nacións a cesión do local para poder impartir o curso. Deixámosvos unha foto de familia.

noticias
Compartir