Resultados

Mañá venres arranca o Curso de Adestrador de Club

Perto de 30 técnicos galegos pasarán a engadir un grado máis na súa formación dentro do atletismo ca realización do Curso de Adestrador de Club de Atletismo, nivel II da RFEA. Mañá as 16:00 horas terá lugar a inauguración do curso na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións, asistirá o Secretario Xeral da Federación Galega de Atletismo, o profesor Víctor Arufe, quen impartirá docencia en tres importantes materias como son os fundamentos biolóxicos, o atletismo en persoas con discapacidade e organización e lexislación deportiva. Todos os participantes recibirán a documentación do curso e un obsequio de Sportis. Formación Deportiva, unha camiseta técnica ou unha mochila. O curso prolongarase durante 9 fins de semana e contará ca presenza do director da ENE D. Arturo Oliver, ademais de destacados docentes e adestradores galegos. Entre os asistentes destacamos a presenza de atletas internacionais e adestradores con gran traxectoria deportiva. A Federación Galega de Atletismo é unha das poucas federacións que oganizan por terceira vez este curso.

Compartir: