O Campionato de Europa de Veteranos ao aire libre que se disputa na cidade turca de
Izmir contou coa presenza dos veteranos galegos Xose Luís Otero Cepeda (USC), que tomaba parte da proba de 1000 metros da categoría M60, logrando a medalla de bronce cun rexistro de 38.36.42.
Xose Luís, tambien tomo parte na proba de 5000 metros onde cruzou a meta en cuarta posición cunha marca de 18.27.65, Jose Dominguez Cabaleiro e Angeles Rodriguez do Rio, ambos do Club A Silva, finalizaron a súa participación en combinadas Decathlon (M40) e Heptathlon (W55)
cunha gran actuación, onde lograron unha meritoria cuarta praza, cunha puntuación de 5184 e 2785
En ultímaa xornada do Campionato, a atleta do Atletismo Feminino Celta, Luz Dominguez Roman, fíxose coa medalla de bronce na proba de 800 metros cunha rexistro de 2.38.53
Desde a FGA, felicitámoslles polo seu gran campionato e esforzo