Como xa ven sendo habitual na tempada estival, son moitos os concellos que organizan as suas carreiras populares aproveitando as festas locais. Esta longa fin de semana, celebráronse duas das pertencentes o II Circuito Diputación de A Coruña, a XX Carreira Popular Concello de Cambre e a III Carreira Popular Solidaria Piscina de Muros. En Cambre os vencedores na proba absoluta foron o argelino Kader Bouguerroudj e Raquel Pedrosa do Ría Ferrol mentres que en Muros Roberto Caneda do Atletismo Milladoiro e Raquel Suárez, repetindo triunfo, foron os primeiros en curzar a liña de meta. Xa o domingo foi o turno da IV Milla Urbana San Roque no concello de Sada na que a victoria foi para Aziz Fatihi do Marineda e a Independente Eusebia Maldonado.