O discóbolo galego Frank Casañas clasificouse á final do lanzamento de disco no Cto. de Europa cun mellor rexistro de 62.32 metros, quedando na 10º posición. A final será hoxe ás 20:35 horas e tamén participará ás 19:51 horas o galego Lolo Penas na proba dos 10.000 metros lisos. Dende aquí desexámoslle o mellor no día de hoxe a estes dos atletas.