O atleta do club local Akka Essaadaoui e Carmela Cardana, do Comesaña, foron os claros vencedores da cuarta edición da Nigrán Area, carrera organizada pola Sociedad Atlética Val Miñor e que se disputa en Praia América. A choiva caída en boa parte de Galicia na mañán do domingo contribuiu a endurecer a proba. Akka a falta de dous kilómetros para a meta daba o tirón definitivo para chegar en solitario con un tema de 3.11 seguido de Brais Misa, do Atletismo Porriño, 32 segundos despois e o céltico Gonzalo Basconcelos completaba o podium con un tempo de 19.43. Nas mulleres. Carmela Cardama, 38ª na clasificación total, foi primeira con un tempo de 22.11, seguida por Rocío Rodríguez (S.A. Val Miñor) con 22.35 e Sofía Freaza (Comesaña Sporting Club) con 23.04. Amplia participación tamén nas categorías inferiores e magnifíca organización da Sociedade Atlética Val Miñor nunha carreira que parece contribuirse nun clásico da tempada de verán.