Resultados

Representación galega no Campionato de Europa de Zurich

Jean Marie Okutu no salto de lonxitude, Frank Casañas no disco e Lolo Penas nos 10000 son, finalmente, os tres representantes galegos da selección española que participará no Campionato de Europa que foi presentada onte polo director técnico da RFEA Ramón Cid. O Campionato celebrarase a vindeira semana en Zurich. Tamén estarán as galegas, ainda que con licenza de outras comunidades Ruth Ndoumbe no triple e Alessandra Aguilar na maratón.

Compartir: