Campionatos Iberoamericanos: Quintos postos para Lidia e Solange

Ultima Hora: As dúas representantes galegas que tomaron parte nos Iberoamericanos San Paulo 2014, saldar coas quintas posicións de Lidia Parada Santos en lanzamento de jabalina cunha marca de 52,07 e Solange Pereira da Ponte en 1500 cun rexistro de 4.21.26.

Desafortunada Solange: Un lance desafortunado privou a Solange Pereira (Bikila) de colgarse o ouro nos Campionatos Iberoamericanos que se clausuraron este domingo en Sao Paulo (Brasil). Era a súa primeira internacionalidad coa selección española absoluta, e a atleta de Cangas chegaba en moi bo estado de forma, tras conseguir a prata no absoluto nacional.
Na proba de 1500 m, cando encabezaba a carreira e faltaban apenas 20 metros, outra atleta pisouna e caeron ambas ao chan. Aínda que se levantou e seguiu, só puido ser quinta, cun tempo de 4.21.26, un posto e unha marca que saben a pouco, dado as condicións reais da corredora
Boa actuación das nosas atletas, Enhorabuena a ambas pola gran tempada realizada

Compartir: