Isidoro Hornillos reelexido Presidente da Federación Galega de Atletismo. Tamén elexidos os novos membros da Comisión Delegada

No transcurso da Asemblea Extraordinaria celebrada onte na sede da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia (Santiago de Compostela), Isidoro Hornillos foi proclamado novamente Presidente da Federación Galega de Atletismo durante o período 2014-2018.

O ex atleta olímpico, que tampouco nesta ocasión tivo rivais que lle disputasen a presidencia, indicou na súa intervención que asume o cargo con humildade, responsabilidade e máximo compromiso. Xustificou a súa candidatura indicando que como dirixente deportivo atópome no mellor da miña vida e sinto, modestamente, que teño capacidade e experiencia para seguir prestando servizos ao atletismo galego. Intervenion do presidente

Tamén agradeceu a labor feita pola Xunta Electoral que conduciu o proceso con total normalidade. Asemade o traballo efectuado durante a última lexislatura polos diferentes órganos de goberno, comisions, comités e persoal laboral da FGA. Destacou tamén o esforzo xeral realizado por todos os colectivos de atletas, adestradores, clubs e xuices que están a fazer todo o posible para que o atletismo galego siga medrando cada día e teña un maior prestixio e relevancia social.
Tamén fixo extensivo o seu agradcemento ás entidades públicas que nos apoian regularmente como é a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e multitude de concellos de Galicia que depositan a confianza dunha parte da súa oferta deportiva na Federación Galega de Atletismo.
Desexou moita suerte a todos os asambleístas aos que lembrou que …por poñer un simil formades parte do parlamento do atletismo de Galicia no que o valor da verba, as propostas formuladas e os acordos adoptados adquiren a máxima relevancia e transcendencia para o futuro do atletismo galego e español. Tamén expresoulles que dende hoxe, e durante os vindeiros catro anos, formades parte dos órganos de Goberno da Federación Galega de Atletismo.
Plan Estratéxico do Atletismo Galego 2014-2018
Durante a súa intervención, o presidente electo se comprometeu públicamente a presentar a debate a todo o atletismo galego no vindeiro mes de outubro, como paso previo a súa análise por parte dos órganos de goberno da FGA, o Plan Estratéxico do Atletismo de Galicia 2014-2018. Xustificou a medida pola necesidade de diagnosticar a situación de partida ao principio de cada lexislatura, pero sobre todo polos cambios que se están producindo no contexto socio deportivo, os efectos económicos da crise, o fenómeno das carreiras populares, a aparición de novos valores con gran proxección de futuro no atletismo galego, xunto a outras variables, obríganos a analizar con gran detalle este novo escenario.
O importante compromiso contraído permitirá establecer as liñas estratéxicas; obxectivos; toma de decisións e medidas concretas de actuación nos vindeiros catro anos
Hornillos, Resaltou que as obrigas como Xunta de Goberno da Federación Galega de Atletismo son as de optimizar ao máximo as función propias da FGA como as función públicas Delegadas pola Comunidade Autónoma, reflexadas na Lei 3/2012 do Deporte de Galicia e nos estatutos federativos.
Nembargantes, tamén expresou que pedirnos resultados da nosa xestión, fóra deste marco legal de actuación e cuxas responsabilidades recaen en outras entidades públicas con competencias en materia deportiva como son os Concellos, Deputacións ou mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte, representa un pobre exercicio de demagoxia e populismo trasnochado que denota un profundo descoñecemento de quen a formula sobre a labor e función dunha federación deportiva autonómica ou mesmo estatal.
Elección dos membros da Comisión Delegada do Atletismo Gallego 2014-2018
Durante a sesión da Asemblea Extraordinaria tamén se elixiron aos membros que integrarán a Comisión Delegada da FGA e que foron os seguintes: Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Comesaña Sporting Club, Riazor Coruña e Lucus (Clubes), Martín Brea e Eladio Gómez (Atletas), Ángel Fidalgo (Adestradores) e Carmela Torres (Xuíces). Noraboa para todos eles.

Compartir: