Vila Nova de Cerveira pechou as súas Xornadas de lanzamentos con marcas
reseñables. Na 7ª e última, cunha participación máis seleccionada, conseguíronse registros de nivel europeo, como antesala aos nacionais tanto españois como lusos do próximo fin de semana.
O discóbolo Frank Casañas superou o seu lanzamento do pasado sábado no Trofeo Cidade de Vigo, e con 65.06m, mellora nuevamente a marca con que lidera o ránking de España. No marco europeo, ocupa o
décimotercer posto. Tamén Víctor Galego (SGP) con 55.92m, referenda o bo estado de forma que o mantén entre os primeiros españois.
Pola súa banda, Isaac Vicente (A.D. Marathon) volveu asinar eses 70 metros que se lle resistían. Nun concurso moi regular, con intentos de 69 e 70m, superou a súa propia marca de 70.41m feita en
Málaga en 2011, cando se proclamou campión de España, lanzando o martillo de 7.260m a 70.77m. O domingo pelexará polas medallas en Alcobendas. O seu compañeiro, Pablo Denis, realizou marca da
tempada con 64.33m, que animan a pensar en posto de finalista no nacional.
Outra nova promesa, o atleta junior Martín Liste (A Silva), flamante subcampeón de España da modalidade, conseguiu mellorar en máis de dous metros a súa marca persoal, lanzando a 52.52m o disco de
1.750kg.