II Edición Carreira Popular Concello de Castroverde

Últimos días para inscribirse no que será a segunda edición dunha atractiva carreira organizada polo Concello de Castroverde. Ata o momento xa hai mais de 110 inscritos. Lembramos que a proba contará con importantes premios en metálico para os primeiros atletas que cheguen a meta na carreira absoluta de 7,5 kilómetros: 200, 100 e 50 euros, para homes e para mulleres. Asemade, haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medalla para todos os participantes na carreira de pitufos e prebenxamin. As inscricións poden facerse facendo (click aqui) e o regulamento pode consultarse neste pdf (click aqui)
Anímate a participar neste importante evento deportivo do Concello de Castroverde e goza dun precorrido cunhas marabillosas paisaxes (web Concello)

Compartir: