Inscribete e colabora na I Edición Solidaria de Oleiros

O proximo domingo dia 6 a partir das 10.00 horas, celebrarase a I Edición solidaria de Oleiros,. A carreira realizarase nas proximidades do parque empresarial “PARQUE OLEIROS”, organíza Parque Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros, da escola de negocios IFFE Business School, Coca-Cola, Club Atletismo Sada

As inscricións de todas as categorías de farán na tenda Decathlon Oleiros ou a través da páxina web www.carreirasgalegas.com con prazo ata o xoves 03 de Xullo ás 24:00.
Debido a que a carreira é solidaria en beneficio de familias con dificultades á hora de adquirir alimentos o prezo das inscricións á carreira serán de:
. Donativo de 3 euros nas categorías júniors, promesa, sénior e veteranos/ás e un quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número.
Donativo dun quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número para as restantes categorías.
Aquelas persoas que non participen na carreira e queiran colaborar poden realizar o donativo dun quilo de comida non perecedoira.

Non dubides en participar e colabora na carreira ANIMATE E INSCRIBETE ¡

Mais información INSCRIPCION

Compartir: