A marchadora do Comesaña Sporting Club, Antia Chamosa proclamouse campioa de España cadete, na proba de 3000 marcha cun rexistro de 14.22.31 no nacional do seu categoria que se celebra en Huelva. Outros resultados destacados foron os de Miriam Otero do Afflelou Narón finalista nas probas de 100 (12.73) e 300 (41.71) acadando a séptima e sexta posición, respectivamente. Tamén salientar os quintos postos de Michael Ansah do Atletismo Cuntis no martelo con 51.13, Lucia Sandar do Lucus na xavalina con un mellor lanzamento de 34.26, Claudia Blanco do Atletismo Noia nos 1000 con 2.58.82 e Alexander Barreiro do Maristas de Lugo no triple con 12.97 e os sextos postos de Abraham Rodriguez do Ourense Atletismo nos 600 (1.26.45) e Iria Causin da Atlética Lucense nos 1500 obstáculos con un tempo de 5.27.49.
Resultados – Actuaccion Gallega
Foto gentileza de Antón Gómez