Resultados

Intensa actividade en pista durante o fin de semana: Cto Galego Xuvenil, Junior e Promesa, G.P. Festas de Ourense, I Campeonato de España Infantil, XLIX Campeonato de España Veteranos e Campeonato de

Intensa actividade en pista durante esta fin de semana. O sábado nas pistas da Universidade de Elviña disputarase o Campionato Galego Xuvenil, Junior e Promesa organizado polos clubes Coruña Comarca e Marineda Atlético mentres que en Ourense será outro club, o AURUM, o organizador do G. P. Festas de Ourense. O domingo a Agrupación Viguesa de Atletismo contribuirá tamén coa sua labor organizativa nas pistas de Balaídos co VIII Trofeo AVA- Memorial Eugenio Torres, o que fora gran adestrador da localidade olívica. Fora de Galicia, estaremos tamén atentos os equipos masculino do Franciscanos e Millaraio e os femeninos de Franciscanos e Vila de Cangas na disputa do I Campeonato de España infantil por equipos que se celebrará en Alcobendas así como nos veteráns que se achegarán a Huelva para disputar a XLIX Campionato de España de Veteranos. Finalmente, na localidade alemana de Braunschweig toda a atención en Borja Barbeito, Ana Peleteiro e Begoña Garrido que estarán no Campionato de Europa de Selecciones.

Compartir: