Resultados

Presentaci�n do G.P. de Atletismo en Pista de Ourense 2014

Onte pola mañá presentouse a segunda edición do Gran Premio de Atletismo en Pista de Ourense 2014. Ao acto asistiron o presidente do club deportivo AURUM Lalo Gómez, o vicerrector do Campus de Ourense Virxilio Rodríguez, o concelleiro de Deportes Alfonso Vilachá, o responsable de deportes da Deputación Provincial de Ourense, Bernardino González e o presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos. Máis de 300 atletas das diferentes modalidades e escolares daranse cita nas pistas do campus de Ourense nun certame que nesta ocasión dará o salto internacional ao contar coa participación de deportistas das cidades irmandadas con Ourense, especialmente da localidade lusa de Vila Real.

Compartir: