O atletismo pontevedrés e galego vístese de loito ante a morte de
José María Muradas, dende aquí noso máis sentido pésame aos seus seres queridos. Alma máter durante moitos anos da Sociedade Ximnástica foi adestrador durante dúas décadas, dun gran número de
atletas pontevedreses, ata que en 1990 decidiu deixar a práctica do atletismo.
Aínda así o seu importante labor foi sempre recordado e o seu legado queda para sempre gravado con letras de ouro, na historia da Sociedade Ximnástica e do atletismo pontevedrés, proba diso foi a
insignia de ouro que lle outorgou a Sociedade Ximnástica. Na tarde do martes será o seu enterro.
Nota: SGP. (Foto recente co marchador Fran Durán)