Resultados

GRAN ACTUACIÓN GALEGA NOS TRIALS OLIMPICOS DE BAKU

Finaliza a actuación dos representantes galegos nos trials olímpicos que se celebraron en Baku. Ó magnífico comportamento de Claudia Rojo nos 400m valados e o pase á final de Saleta Fernández na altura e Ivo Maseda e Tariku Novales nos 1500 na primeira xornada temos que engadir, na segunda e última xornada, o quinto posto de Adrián Ben nos 2000 obstáculos con 6.04.92, o mesmo posto para a tudense Uxía Pérez nos 3000 con 9.57.39 e os sextos postos de Miguel González nos 3000 con 8.38.52 e de Tariku Novales, baixando unha vez mais dos 4min (3.58.59) nos 1500. Nesa mesma final, foi noveno Ivo Maseda con un tempo de 4.03.20. O marchador Daniel Chamosa foi séptimo na sua proba con un rexistro de 48.10.74. A monfortina Saleta Fernández, outra vez superando o listón sobre 1.77 foi novena na final de altura. Finalmente, Angela González con 2.14.34 foi quinta na sua semifinal. Así pois, boa actuación de todos eles

Compartir: