XXVIII G.P.Cantones. World Race Walking Challenge
O vindeiro sábado celebrarase a XXVIII G.P
Cantones de marcha e XII Race Walking Challenge con alguns dos principais marchadores internacionais e nacionais. A destacar a presenza do guatemalteco Erik Barrondo, subcampeón olímpico en Londres
2012, Xelin Cai de China, plata na Copa do Mundo de Taicang 2014 e o seu compatriota Wang Zhen, bronce nos JJOO de Londres 2012 xunto cos españoles Miguel Angel López, millor marca da tempada,
Alvaro Martin e o incombustibel Jesús Angel Bragado. Nas féminas estarán a china Liu Honh, cuarta en Londres xunto co equipo luso completo, segundas na Copa do Mundo de Taicang e o español, cuarto
na mesma proba. Estará tamén a galega Lorena Luaces, loitando unha vez mais polas primeiras posicións. As 18:30 darase a saída os 20km mulleres e tan só 20minutos mais tarde será o turno dos homes.
Previamente, teremos oportunidade de presenciar as diferentes probas do circuito Josefina Romero para os menores e o Campionato de España de Veteráns. Mais informacion nota de prensa RFEA