En base ás competencias emanadas dos Estatutos da Federación Galega de Atletismo; da Ley 3/2012 do Deporte de Galicia maila Orde do 8 de setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de
setembro de 2010, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas,
Convócase: elección dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo, con representatividade durante o período 2014 ata o 2018.
En consecuencia, dende hoxe 29 de maio ata que finalice o proceso electoral, constitúese á Xunta Electoral da Federación Galega de Atletismo, que estará integrada polos seguintes membros:
•D. José Antonio Bastos González (Presidente)
•D. Manuel Mora y Vita da Veiga (Secretario)
•D. Ramón Tasende Díaz (Vocal)
Asemade, dende hoxe, a Xunta Directiva da FGA queda disolta, contituíndose en Comisión Xestora que non poderá realizar mais que actos de mera administración e trámite