Nunha última xornada pasada por auga, celebrouse nas pistas de atletismo do CGTD o Campionato Galego de Probas Combinadas. Santi Ferrer con 6381 puntos e Sandra Carballo con 4137,ámbolos dous da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, foron os dominadores e novos campeóns absolutos no decatlón e heptalón, respectivamente. Dominio claro tamén para o atleta do ADAS Adolfo Sainz-Maza na categoría junior con 6210 puntos, millorando notablemente o seu rexistro acadado hai unhas semanas no Campionato de España de Probas Combinadas. Na categoría xuvenil os vencedores foron dous dos atletas galegos con maior proxección, Dario Costas da SGP no decatlón xuvenil e Claudia Rojo, do Ria Ferrol en hexatlón con 4.807 puntos. Finalmente, a categoria mais disputada e con maior participación foi a cadete femenina con triunfo para Andrea González do Millaraio con 2900. Resultados
Fotos: Antón Gómez