Resultados

Actuación galega na Copa de Europa de Clubes

Na Copa de Europa de Clubes celebrada o pasado fin de semana en terras lusas participaron por parte do Playas de Castellón dous dos lanzadores mais en forma do panorama nacional. Frank Casañas foi primeiro no lanzamento de disco con 60,19, por debaixo dos rexistros acadados nas últimas competicións. Tampouco foi o millor día para Borja Barbeito que tivo que conformarse coa 7ª posición con un millor lanzamento de 63.08. A outra representante galega, Begoña Garrido participou no relevo 4×400 co Valencia que se proclamou vencedor na competición femenina.

Compartir: