Resultados

Ismael Costas Fandino: Baixa no atletismo galego

O atletismo galego terá que prescindir dun dos atletas máis relevantes dos últimos anos, Ismael Costas Fandiño (Vigo, 1980), Francia será o seu destino a partir da próxima semana, onde traballará como delineante.
Costas, liderou reiteradamente o ranking autonómico nos 800 m, e acredita unha mellor marca persoal de 1.50.1 do ano 2007. Durante os últimos dez anos e baixo a dirección técnica de Virgilio González Barbeito foi un referente no medio fondo galego, con praza fixa na selección, ademais de participar en numerosas competicións nacionais e campionatos absolutos. Desde a FGA desexámoslle moitas sorte na súa nova andadura persoal e profesional

Compartir: