Habéndose recibida nesta federación a resolución do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, asinada o 21 de maio de 2014 e aprobando o Regulamento Electoral remitido previamente pola
FGA, tras a proposta feita pola Asemblea Xeral Extraordinaria, conforme á súa adecuación á Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia e á Orde do 8 de setembro de 2010, pola que se establecen
os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, é en aplicación do calendario electoral aprobado pola Xunta de Galicia,
notifícase a convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da Federación Galega de Atletismo, con cinco días de antelación á data da convocatoria oficial (xoves, 29 de
maio de 2014). Nesa data publicaranse, tal e como indica á Orde do 8 de setembro de 2010 e Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, os censos dos diferentes estamentos que reúnen ás condicións mínimas
aprobadas no Regulamento Electoral para ser candidatos a membros da Asemblea Xeral.
Circular