Resultados

Tariku Novales, novamente mínima para Bakú

Tariku Novales do Atletismo Noia ratificou a mínima para os trials de Bakú no control da RFEA celebrado en Alcobendas nos 1500 gañando a proba con 3.57.28 e seguido por outro galego, Ivo Maseda do ADAS con 3.58.23, quen ten tamén a mínima dende hai unhas semanas. En séptima posición entrou Jorge Puig da SGP con 4.04.28. Nas mulleres, Angela González do Comesaña foi segunda nos 800m con 2.12.37. Agora tan só falta espera a selección na que de seguro teremos a varios galegos para eses Xogos Olímpicos da categoria Xuvenil.

Compartir: