Resultados

Borja Barbeito lanza a jabalina ata 75.38m en Pamplona!!!

Cando tan só pasaron quince días desde que Barbeito fósese ata os 73.12m, colocándose como o mellor lanzador de jabalina español do ano, na 1ª Xornada de Clubs de División de Honor, celebrada esta tarde en Pamplona, e defendendo as cores do Club Praias de Castellón, o lanzador coruñés realizaba o mellor concurso da súa vida, e íase no seu último lanzamento ata nada menos que 75.38m, rexistro que supón nova mellor marca nacional do ano, e sitúano como o oitavo lanzador español de todos os tempos.
A progresión do lanzador de Cerceda, formado na Escola de Lanzamentos da Coruña baixo as ordes de Raimundo Fernández, está sendo espectacular neste 2014, e cando a tempada non fixo máis que comezar, promete grandes logros, e que sen ir máis lonxe, poderán ter continuidade o próximo fin de semana no Algarve (Portugal), con motivo da súa participación na Copa de Europa de Clubs

Compartir: