Celebrada a presentación do III Circuito Carreiras Saludables Corresan 2014

Esta mañá tivo lugar no Centro Hipercor de Santiago de Compostela a presentación do Circuito de Carreiras Populares Corresan, promovido polo Concello de Santiago de Compostela. O evento contará con numerosas probas que se disputarán nos vindeiros meses. O Concelleiro de deportes D. Adrián Varela sinalou a gran importancia deste circuito para a promoción de hábitos saudables entre a población. O pasado ano centos de atletas participaron nesta importante competición, que coquetea ca fermosura da cidade compostelá e o deporte. Ao acto asistiron tamén o atleta internacional D. Pedro Nimo, o delegado de Santiago D. Íván Sanmartín, o representantes de relacións externas de El Corte Inglés D. José Manuel Blanco e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos. O circuito estará controlado polo Comité Galego de Xuíces e levará o sistema de chips da FGA. As inscricións xa poden realizarse na web www.carreirasgalegas.com

Compartir: