Resultados

Sete medallas para Galicia no Campionato España Universitario. Sergio Tellería e Ana Peleteiro, ouro; Carlos Revuelta e Carlos Porto, prata; Alfonso Palomanes e Vïctor Galego (2), bronce

Primeira xornada
A Universidade católica de Cartagena UCAM foi a sé do campionato de España universitario, ao que asistiron varios atletas galegos, a maioría representando á Universidade de Vigo, que se clasificou nun fantástico oitavo lugar.
A primeira xornada deparó bos resultados para os atletas da Uvigo, que sumou tres metais. O medallero estreouse co bronce de Víctor Galego en lanzamento de peso, cun rexistro de 16,70m. O pontevedrés repetiría o posto en disco na segunda xornada, con 51.83 metros. Sergio Tellería proclamouse campión, consolidando os 4.80m en pértiga do mércores en Vigo, e pola tarde Carlos Revuelta colgouse a prata en martillo, con 54.21m. No concurso de triplo, tanto Alfonso Palomanes como Lucía Pérez clasificáronse en cuarto lugar, con 16.02m e 11.84 respectivamente. Samantha Mulloni(UNED) foi sexta en 5km marcha, con 25.04 12, e Rocío Carbia, oitava, 25.34.27. Isabel Vázquez (Ou. Salamanca), en 400m valas non superou a súa semifinal e Ana Revuelta non pasou a mellóraa en disco.
Segunda xornada
Na mañá do domingo caeu a segunda medalla de ouro, para Ana Peleteiro (Politécnica), que correu os 100m lisos nun tempo de 12. 25 (12.16, en semis), con importante vento en contra. Carlos Porto estreouse cunha prata, nun 1500m táctico, asinando 4.11.28.Alfonso Palomanes logrou o bronce en lonxitude, facendo un mellor salto de 7.30m. No mesmo concurso David Ferrer acabou en 6ª posición, saltando 6.55m, aínda que tivo que retirarse por molestias no psoas. A outra medalla de ?chocolate? foi para David Barreira (Complutense), cuarto en altura con 2.02m Resultados

Actuacción galega

Compartir: