Sergio Tellería, 4.80m
mínima para o nacional promesa en pértiga. Ivo Maseda e Tariku Novales, en 1500m, marca mínima para os Trials de Baku.
A pista de atletismo de Balaídos acolleu a terceira xornada da serie municipal desta tempada, rexistrando algo máis de 200 participacións de atletas procedentes de moitos puntos de Galicia que
buscan marcas para os distintos campionatos.
O máis destacado da xornada foi a actuación de Sergio Tellería (RCCV), que superou o listón a 4m 80cm coa pértiga, igualando o segundo mellor rexistro absoluto nacional. O céltico xa asinou unha
boa tempada baixo teito, subindo a súa marca persoal a 4,61m, e agora consegue a mínima para o campionato promesa de verán.
Outros vencedores de proba foron: en 400m, David Abalde (RCCV) 50.45 e Leticia Fernández, 1.00.28; Pablo Denís en martillo, 61.01m; Alberto Elena e Lucía Pérez en lonxitude, con 6.65m e 5.29m
respectivamente. Os cadetes Lorenzo González (Val Miñor) e Lucía Cardesín (SGP) gañaron en 600m e Eva Queimaño foi segunda en 100m valas.
Os 1500m masculinos pecharon a xornada ofrecendo espectáculo. Impúxose o portugués Fernando Serrãou, cun tempo de 3.56.17, seguido de Ivo Maseda(ADAS) en 3.57.24 e Tariku Novales (At Noia) en
3.57.54, que conseguen a mínima para os Trials xuvenís de Bakú. Na carreira feminina venceu Barca Toba (Comesaña).
Foron os atletas de categoría xuvenil (anos 97/98), o grupo de idade que asinou as mellores actuacións, a maioría con mínimas para o seu campionato de España, ou moi preto. A Novales e Maseda,
sobresalientes por esa mínima internacional, hai que engadir a Darío Costas (SGP) e Laura Chapela(CAF Celta), que foron os máis rápidos nos 100m l, con 11.09 e 12.72; Víctor Pérez (RCCV), con
48.42m gañou en martillo 5kg. Alfonso Pérez (SGP),cun tempo de 50.52 e Pedro Juncal (RCCV), 5.40, destacaron en 400m; Fernando Rábade (RCCV), con 6.34m e Darío Costas con 6.32m en lonxitude; Adrián
Lago ratificou a súa mínima en 1500m, 4.06.45. Entre as mozas, mencionar a Noelia Graña(Vila), en 100m lisos, 13.11; Paula Martínez (Vila de Cangas), 16.56 e Sara Villar(Vila de Cangas) 17.10, en
100m valas, e Laura Méndez (Val Miñor) en 1500m.
Resultados