O discóbolo olímpico, Frank Casañas (Praias de Castelló), estréase o venres 9
na Diamond League que arranca en Doha (Qatar). Será a súa volta á competición tras dous meses exclusivamente de adestramentos para recuperarse dalgunhas molestias, preparando esta cita.
A súa última actuación foi no Campionato de España de inverno de lanzamentos longos, en León o pasado 1 de marzo, no que se colgou o ouro cun mellor lanzamento de 61.32 metros, rexistro que o
colocou no posto 34º do ranking mundial, e que sen dúbida mellorará.