Co patrocinio de Supermercados Froiz, a Sociedade Gimnástica organiza na
tarde-noite do mércores a 39 edición do Trofeo Sociedade Gimnástica de Pontevedra,e a colaboracion da FGA. Os alumnos da Escola Municipal de Atletismo terán a súa protagonismo xa que o Trofeo
comezará ás seis da tarde con probas para eles. Os infantís terán unha carreira de 80 metros e o lanzamento de peso, os alevines competirán en salto de lonxitude e 60 metros e os benjamines
correrán os 50 metros.
Na pista de atletismo do CGTD de Pontevedra, colaborador do evento, celebrásense a partir das 7:15 da tarde as probas para os maiores co salto con pértiga feminino, ás 7:30 comezará o lanzamento de
jabalina feminino e ás oito e vinte iníciase o salto de lonxitude masculino. Tamén desde as 7:30, celebraranse carreiras de diferentes distancias, comezando co dobre hectómetro e continuando cos
mil metros para cadetes e infantís, os 3 km. e concluíndo coa sempre dura carreira de 800 metros.
Ao término da competición entregarase un trofeo ás mellores marcas da competición, tanto en homes como en mulleres Atletas inscritos