O atletismo é un deporte individual, adoitamos oír.
E con todo, non hai competición tan visceral, tan emocionante, como a de clubs. Hoxe volvemos comprobalo en Lugo, nunha xornada que contou cunha eficaz organización, e só estropeada polo vento en
contra en recta de meta, que afectou sensiblemente ás marcas de velocidade e saltos.
O espectáculo foi posible grazas aos clubs que
botan man de todos os seus efectivos para completar equipos. De cadetes a veteranos, propios ou asociados, especialistas ou non, brindóullenos unha competición chea de contrastes, na que os equipos
?modestos? foron intercalando os seus mellores atletas, puntuando, e facendo que o marcador oscilase no imprevisible durante todo o día. Marcas persoais ou mínimas para outros campionatos, duelos
emocionantes, expectativas de mellora, e a satisfacción de cumprir, foron os ingredientes. O broche puxérono as relevos 4×400, facendo levantarse ao público dos seus asentos.
Finalmente, rotundo triunfo para o Ría Ferrol en mulleres, con 165 puntos e para o RC Celta con 141, en homes, como o ano pasado. Completaron os podios o At. Feminino Celta, con 143.5 e o Vila de
Cangas, 109; e At. Narón, 132 e SG Pontevedra, 116.5. O título honorífico de mellor combinado levoullo a SGP, sumando 214.5 cos seus dous equipos.
Para os clubs que disputarán a Liga Nacional a partir do 17 de maio, foi ademais un bo ensaio xeral para ir perfilando as súas formacións definitivas. Resultados
Fotos-cronica: Flor Currás