Resultados

Nacional de combinadas e pentatlón de lanzamentos. Éxito dos veteranos

O sector dos lanzamentos goza de tan boa saúde, que as súas veteranos seguen dando guerra a nivel nacional. Nesta ocasión no Campionato de España de pentatlón de lanzamentos disputado este fin de semana en Monzón (Huesca). A proba combina martillo, peso, disco, jabalina e martillo pesado.
Reparto de cores entre os medallistas, habituais tamén das probas autonómicas. Carlos Ferrer (SGP) proclamouse campión na categoría de M-50, sumando 3355 puntos, e superando o seu propio récord galego. A prata foi para Manuel Rodríguez, do R.C. Celta, en M-65, con 2996, e o bronce para outro vigués, J. Manuel Almudí, con 2940 puntos en M-70.
En canto ás combinadas, os atletas da Silva foron os triunfadores, como de costume, nesta ocasión con dous ouros. Lucía Doval, en heptathlón, ganadora en F-40 sumando 3398 puntos; Mª Angeles Rodríguez, F-55, 2860 e plata de José Domínguez Caballero, en decathlón M-40, cun total de 5168 puntos. Todos eles establecen novas mellores marcas galegas. Resultados

Compartir: