Resultados

Actividade do fin de semana: Criterium de Combinadas e Control T?cnico en Pontevedra, Memorial Gregorio P?rez Rivera, Circuito Ferrol?n en Pista e Control no Barco

Case sen tempo de asimilar a Pista Cuberta e o Campo a Través, iniciase a tempada de pista con a priori interesantisimas probas esta fin de semana. O criterium de Combinadas en Pontevedra hai que engadir o Memorial Gregorio Pérez Rivera en Lugo, o Circuito Ferrolán en Pista e os controles do Barco e Pontevedra. Salientar a participación do velocista do Coruña Comarca Mauro Triana e de Miriam Otero do Afflelou Narón nos 100 e os lanzadores José Manuel Vila na xavalina e Mercedes de Santaló no disco en Lugo; Carlos Moro do Riazor e Claudia Rojo do Ría Ferrol nos 400m valados e as tamén locais Lidia Casal e Candela Díaz xunto con a barbanzana Jessica Rial nos 200 e 400m de Ferrol. Finalmente, en Pontevedra Palomanes estará no triplo, Alfonso Pérez nos 200 e 800 nesta proba tamén estará o seu compañeiro de equipo Jorge Puig e as millores mediofondistas galegas, Leticia Fernández, Yuliana Veslasquez e Solange Pereira disputarán os 800. Nas combinadas destacar a presenza de Santi Ferrer da SGP e Isabel Vázquez do Atletismo Salamanca. Así pois, esperamos bos rexistros neste inicio da tempada. Inscritos Combinadas

Compartir: