A primeira MediaSan entre as localidades de Arca –
O Pedrouzo e Santiago de Compostela que se celebrará o vindeiro domingo 13 de abril amplia o prazo de inscrición ata o xoves ás 14 horas. Esta proba que xa supera os 220 inscritos na súa primeira
edición, terá todo luxo de detalles para o corredor popular e premios importantes para clubes e atletas individuais.
Contará cun servicio de autobuses que trasladará desde a zona de meta (Estadio Multiusos de San Lázaro) ata a zona de Saida ós atletas a partir das 09:00 horas e ata ás 09:45 (hora de saída do
último autobús), roupeiro na zona de meta para trasladar a roupa dos corredores ata o lugar da meta, Servicio de Fisioterapia cortesía de Fisio Rehab, Bolsa de corredor con camiseta,
avituallamentos líquido cada 5 km e sólido na zxona de meta e todo un sin fin de detalles para levar ó éxito esta primeira edición da proba.
INSCRIBETE AQUÍ REGULAMENTO