Implicadas no Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, o sábado 12
de abril ás 16.30 horas a III Carreira Solidaria en Oleiros. Nesta colabora coa Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación na Coruña, o Concello de Oleiros e a Universidade da
Coruña.
A carreira contará con diferentes categorías que realizarán probas diferentes. Junior, Promesa, Senior e Veteráns sairán as 16.30, seguidos pola andaina, a categoría infantil, cadete e xuvenil, a
categoría benxamín e alevín, para finalizar cos prebenxamíns e pitufas. Regulamento INSCRIBETE XA