Resultados

Aelemayehu Bezabeh e Paula Gonzalez, campions de España de 10km en ruta

Ultima Hora: Os atletas Aelemayehu Bezabeh (Atletismo Bikila) e Paula González (CDE Gonzalez Berodia), proclamáronse campións de España de 10km en ruta en VI edición disputada este sábado pola tarde na localidade coruñesa de Padrón. Bezabeh, que unha semana antes proclamouse campión de España de 10.000m en Lisboa, ademais de lograr a mínima europea na súa debut na distancia, investiu un tempo de 29:37; moi preto o segundo clasificado, o atleta local Alejandro Fernández (New Balance Team) con 29:56, sendo terceiro Javier García do Barrio (UBU-Caixa de Burgos) con 30:19, completando un podio inédito na curta historia desta competición.
Máis reñida foi a proba feminina coa cántabra Paula González, que tan boa impresión deixara dúas semanas antes coa súa espectacular marca nos 10km de Laredo (32:36) logrando a vitoria e o título cun tempo de 34:01, sendo as súas compañeiras de podio, Verónica Pérez (C.A.P.O.L.) con 34:07 e a asturiana Alba García (Atletismo Bikila ) con 34:21 , que defendía o título do pasado ano logrado en Ribadesella. Resultados

Actuacción Galega

Compartir: