Boa participación e marcas de interese para o inicio da tempada o aire libre no XXVII Trofeo Reconquista de Vigo celebrado onte nas Pistas de Balaidos. As milloras marcas do Trofeo, organizado conxuntamente pola Agrupación Viguesa de Atletismo e o R.C. Celta, foron para a atleta do Bikila Solange Pereira nos 1500 con 4.24.52 e o velocista do Coruña Comarca Sergio Rodríguez quen venceu nos 100 (11.39) e nos 400 (50.69). Destacar, tamén, a participación das recentes campeonas de España xuvenís Angela González do Comesaña que venceu con 1.00.32 nos 400m e Uxía Pérez do Atletismo Tui con 10.21.82 nos 3000m.