Resultados

AVISO IMPORTANTE: Exclusion da Media Maraton VIG-BAY do Calendario Oficial da FGA

Ante a postura do organizador da Media Maratón Vig-Bay de non facer fronte dos custos da licenza de dia, aprobada pola Comisión Delegada e Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo para a tempada 2013/2014, malia haberse comprometido coa súa firma a asumir as responsabilidades indicadas na circular 57/2013 o día 24 de outubro do 2013, exclúese esta carreira do calendario oficial da FGA. O canon será devolto ao organizador e os rexistros dos atletas, que se inscribiron pensando que participaban nunha carreira oficial, non serán válidos nin para o ranking galego nin para o español. Polo que informamos deste feito para posibles danos e perxuízos dos atletas afectados, xa que no regulamento publicado pola organización da Vig-Bay figura que a proba é oficial e que as marcas serán válidas, así como que o circuito está homologado, sen poder este feito ser certificado e comprobado polo Comité Galego de Xuíces. A FGA dará parte desta decisión de última hora da organización da VIG-BAY á RFEA e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Compartir: