Resultados

Tercer ouro para Carmela Cardama. Miguel González, prata e Adrián Ben cuarto no Campionato de España de 5000

A atleta do Comesaña Carmela Cardama proclamouse campeona de España en 5000m. A pupila de Oliva Román completa así un mes no que subiu o mais alto do podium nos campionatos de España da sua categoria en campo a través, pista cuberta e pista o aire libre mostrando que é unha especialista en tódolos terreos. Primeiro foi en Mérida no Campionato de España de Campo a Través, a semana pasada na pista cuberta en San Sebastián e hoxe en Alfas de Pí completou ese triplete nos 5000m con unha marca de 17.19.42 que rebaixa en case 20 segundos o seu rexistro da tempada anterior. Excelente tamén a actuación dos atletas do Lucus Caixa Rural, Miguel González e Adrián Ben que con 15.04.08 e 15.15.70, respectivamente acadaron o segundo e cuarto posto no campionato da mesma distancia en categoria xuvenil. Tariku Novales, do Atletismo Noia, retirouse na parte final da proba. Parabens os novos medallistas!

Compartir: