O domingo 13 de abril celebrarase a primeira edición
de unha nova proba popular a «MediaSan do Camiño» con sáida na localidade de Arca (Ou Pedrouzo) e chegada en San Lázaro. A proba ten entre os seus obxectivos «poñer en valor» o Camiño de Santiago.
Así o anunciaron esta mañá no acto de presentación o edil compostelán de Deportes, Adrián Varela; o responsable Del Corte Inglés, Pati Blanco; o alcalde do Concello de O Pino, Manuel Taboada; e o
delegado da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.
Os representantes de todas as institucións coincidiron en destacar a importancia deste evento, que terá un «factor dinamizador» na economía da zona demais de ser «a guinda» que faltaba na
programación de atletismo de Santiago, subliñou Sanmartín. Varela destacou «a dureza» do percorrido ademais da súa «dificultade loxística e organizativa», e insistiu en que un dos obxectivos é
atraer a xente cunha vida «sedentaria» para adquirir «hábitos saudables». O prazo de inscricións continuará aberto ata o mércores anterior á realización da proba a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com.