Resultados

PRESENTACIÓN OFICIAL DA I CARREIRA IRT. Oconcelleiro de Deportes, Adrían Varela, animou a participar a xente na I Carreira Solidaria in Real Time Etiopía

O 30 de marzo Santiago acolle I Carreira Solidaria in Real Time Etiopía, unha proba de carácter altruísta onde todas as persoas que o desexen poderán afrontar esta carreira inédita de nivel nacional e internacional, na que se espera a asistencia de deportistas de renome como Pedro Nimo, sendo ademais solidarios con quen máis o necesita.
Trátase dun proxecto non só de carácter deportivo senón que pretende ser un evento cultural co que recaudar diñeiro para a realización de proxectos que a asociación ABAY, organizadora da proba, ten en Etiopía, entre os cales está a creación de escolas deportivas. Estas escolas acollen a máis de 100 rapaces que, ademáis de recibir información sobre diferentes disciplinas como o fútbol ou voleibol reciben merendas, coidados hixiénicos, etc.
A recadación das inscricións, con prezos que van dos 3 euros para as categorías escolares ata os 7 euros da carreira absoluta, irá integramente para esta asociación. O prazo para a inscribirse remata o 27 de marzo.
A proba partirá ás 10:00 do día 30 do estadio de San Lázaro e celebrarase simultaneamente nas localidades de Hondarribia, Cáceres, Rincón de la Victoria (Málaga), As Pontes, Almusafes (Valencia) e Santiago. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, a Federación galega de atletismo e a asociación ABAY animan a todos aqueles deportistas e non deportistas que queiran a participar a acudir a esta cita solidaria.
Unha vez rematada, San Lázaro acollerá as carreiras dos máis pequenos que realizarán diferentes distancias dependendo das categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantís e cadetes.
O que queira participar xa se pode inscribir nesta I Carreira Solidaria in Real Time Etiopía na páxina web: www.carreirasgalegas.com

Compartir: