Resultados

Campionato de España Júnior en pista cuberta:7 Medallas (4 Ouros, 1 prata e 2 Bronce) e tres mellores marcas galegas

.Ultima Hora: 3 Medallas: (2 Ouros e 1 Bronce) na primeira xornada do Nacional Junior
As tres primeiras medallas logradas polos atletas galegos foron a cargo de: Ana Peleteriro (FCB) en triplo con 13,39 quen logrou o campionato, realizando soamente tres saltos; doblete da tempada de Carmela Cardama (Comesaña) ao lograr o titulo esta tarde de 3000 metros cun rexistro de 9.53.60 e a medalla de bronce, foi lograda por Isabel Vázquez (Salamanca) en pentatlón cunha puntuación final de 3240 puntos,

Xornada Domingo:
Catro novas medallas para a representación galega na xornada dominical e tres mellores marcas galegas. As medallas de ouro foron as logradas por Ana Peleteiro (FCB) en 60 metros con 7.61 e Miguel Pérez (Lucus) en 60 valas cun gran rexistro de 7.90 e nova mellor marca galega que o mesmo poseia con 8.04 realizada en semifinais. Prata para Mauro Triana (Coruña Comarca) na proba de 200 con 21.98, con nova mellor marca galega promesa-junior, rebaixando a anterior de Rodrigo Avellaneda en 14 centimas. Bronce na probas de 1500 para Eva Cid (Val Miñor) cun rexistro de 4.47.85.
En resumo, fantástisco campionato junior en pista cuberta o realizado polos galegos con un total de 7 medallas (4 ouros, 1 prata e 2 bronces). ResultadosActuacción galega

Compartir: