Un total de 25 atletas galegos participarán esta fin de semana no Campionato de España Junior en San Sebastián, peche dos campionatos en pista cuberta. A expedición galega ten tres claras opcións de subir o mais alto do podium en tres mulleres: Ana Peleteiro, este ano no Barcelona, que participará na proba dos 60m e no triple, a velocista do Coruña Comarca Patricia Carballo nos 200m, despois da sua sensacional actuación no absoluto hai unhas semanas e Carmela Cardama a refrendar nos 3000 a sua actuación do pasado fin de semana no cross. Completan a nosa representación Martin Liste (60m), Mauro Triana (200m), José González e José María García nos 800, Miguel Otero, Ero Doce, Olaf Araujo, Fernando Vales e José González nos 1500, Miguel Pérez e Iago Nuñez (60mv), Pablo Modia (longitud), Anxo Blanco (triple), Pablo Castro (peso) e Adolfo Sainz no heptathlón. En canto as mulleres estarán, ademais das citadas Aida Amoedo e Eugenia Gil nos 400, Laura Rosende nos 800, Eva Cid nos 1500, Alba Martínez no triple, Raquel Villa no peso, Sara Pino na altura e, finalmente, Isabel Vázque no pentatlón.