Resultados

Presentación do maratón Coruña 42

No Excmo.Ayuntamiento da Coruña presentouse a proba, que se celebrará o 27 de abril dende as nove da mañá, inclúe ademais o Campionato Galego absoluto e de veteranos da distancia (42.195 metros) e unha carreira complementaria de 10 quilómetros.
O certame, organizado polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, está incluído no calendario nacional da Federación Española de Atletismo e abriu a súa inscrición en outubro. Ata agora conta con 830 inscritos para o maratón e 678 para a carreira de 10 quilómetros. «A previsión é alcanzar os 1.500 participantes no maratón, incrementando a participación nun 33% respecto ao 2013, e consolidar o número de corredores na carreira paralela, esperando que máis de 3.000 persoas participen neste evento», explicou o concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Francisco Mourelo.
O prazo de inscrición manterase aberto ata o 12 de abril, con prezos de 35 e 38 euros (con ou sen chip amarelo); e ata o día 20 con prezos de 50 e 53 euros. Os desempregados e xubilados terán un desconto do 50% da cota que lle corresponda.
A Coruña 42 incluirá actividades de reforzo como a ExpoRunning, con firmas comerciais especializadas e un ciclo de conferencias, un programa de animación no percorrido e un adestramento previo cos atletas galegos máis consagrados durante os sábados previos á carreira. O primeiro, da man de Paula Mayobre e Andrés Díaz, este sábado ás 11.00 horas na praza da Cubela Inscribete aqui Mais información

Fonte da Voz de Galicia

Compartir: