Intenso fin de semana o vivido en Leiria coa Copa de Europa de
lanzamentos, un sector clave do atletismo galego, que achegou tres atletas á selección española, e atraeu moitos afeccionados galaicos ao Estadio Magalhaes Pessoa e ao Centro Nacional de
Lanzamentos a beiras do río Lis.
Lida Parada (At Barbanza) conseguiu o mellor resultado dos nosos representantes, ao clasificarse en 5º lugar en xavelina sub-23, con 53,74m, a súa mellor marca esta tempada, coa que segue en
segundo lugar do ránking nacional.
Belén Toimil(Playas de Castellón)participó unicamente no lanzamento de peso sub-23 ao non ser admitida finalmente en disco, e o seu primeiro intento foi o máis longo, 14,99m que a colocou na 9ª
posición.
En canto á categoría absoluta, o vigués Isaac Vicente (AD Marathon) rematou cuarto na serie B (14ºde a xeral) lanzando 68,11 metros, lixeiramente por debaixo das súas marcas máis recentes.
Coa selección viaxou o técnico J. M. Hermida, a cargo dos martillistas, que tivo a satisfacción de ver como Pedro Martín (FCB) tutelado por el esta tempada, conseguiu o bronce sub-23, única medalla
da selección española.
Fotos – cronica: Flor Currás