No Campionato de de España Individuais para as categorías Veteranas de ambos os dous sexos, en carreiras segundo as distintas sub-categorías, que a partir das 9.00 da mañá se celebraron, en carreira conxunta para os M45 e M50 o galego José Manuel Fernández Márquez (Atletas Veteranos Ourense), cubrindo os 6.000 m. do percorrido dende o principio entre os tres primeiros, finalizou en 18.39, a 12 segundos do vencedor e conseguía a prata M45. Mesmo posto en M50 ocupaba, facendo 19.19 Manuel Vigo Otero (Universidade de Santiago de C.) que entraba no 11º posto e, de 16º M50 entraba no posto 45º Adrián Pérez Fabello (Universidade de Santiago de C.) en 20.58 Na anterior carreira, a das categorías masculinas de M55 e maiores, máis todas as féminas, era 9º na M55 Emilio Gonta Pereiro (Fluvial de Lugo), que entrou de 52º dos homes e 98 en xeral e fixo o percorrido de 6.000 m. en 26.57 de 101 en xeral dos dous sexos, pero 5ª en W55 entraba María del Carmen Novo Varela (Fluvial de Lugo), que tardou 27.15 e era de 49ª entre todas as mulleres