Excelente noticia que nos chegaban esta tarde desde Antequera (Málaga), sé
este fin de semana do XXVIII Campionato de España Cadete en Pista Cuberta, a nova atleta do Naron, Míriam Otero realizaba unha magnífica semifinal nos 300ml, impoñéndose na mesma liña de meta a
unha rival e conseguindo directamente o pase por postos para a final de mañá. Ademáis a velocista, que chegaba esta tempada cunha mellor marca de 42″52 ao aire libre, conseguía parar o crono nuns
excelentes 41.31, establecendo unha nova mellor marca galega cadete, que ela mesma posuía desde o ano pasado con 42.44.
Destacar tambien as clasificacións para as finais de mañá de Claudia Blanco e Adrian Vazquez , ambos do Noia nos 1000 metros
A unica final disputada con presenza galega foi a pértiga, onde Raquel Pena (Lucus) logrou unha meritoria cuarta posición con 2,96, quedando a un centimetro da súa mellor marca.
Se cerro a xornada coas eliminatorias de 60 m. lisos, onde Alejandro Parcero (RIA), Claudia Rey (Cuntis) e Alba Villaverde (ADAS) logran meterse na seguinte rolda por tempos
Xornada Domingo
A xoven atleta do Naron, Miriam Otero, confirmou na final de 300 o seu gran estado de forma, logrando a medalla de bronce no nacional cadete de pista cuberta
cun gran rexistro de 40.85, ¡Esplendida¡, Miriam que volvio a rebaixar a mellor marca galega de onte, ao baixar de 41 segundos. Enhorabuena á atleta, adestrador e club