Este fin de semana disputarase en Leiria (Portugal) a Copa de Europa
de lanzamentos, e a selección española non contará con Frank Casañas nas súas filas, debido a unha lesión de última hora. O discóbolo, situado no sétimo lugar do ranking europeo cos 61.32 m que lle
valeron o título de campión de España de inverno o pasado día 1, decidiu non acudir para non forzar, recuperarse en condicións e non comprometer o seu rendemento en futuras actuacións.
Como proba da súa calidade, foi admitido para participar cos mellores na Diamond League, que arranca en Doha (Qatar) o 9 de maio. O seu debut de cara á tempada de verán farao na próxima xornada de
lanzamentos en Vila Nova de Cerveira, en abril, nunhas instalacións frecuentadas polos mellores especialistas.