Arquivo
Participación galega na Copa de Europa de Lanzamentos
Catro atletas e dous adestradores serán os representantes galegos na Copa de Europa de Lanzamentos que se disputará esta fin de semana en Leiria (Portugal). Atá terras lusas desprazáranse coa
selección española Frank Casañas que participará no disco, Isaac Vicente no martelo, Belén Toimil no peso e disco da categoría promesa e Lidia Parada na xavalina promesa. Con eles estarán como
adestradores Santi Ferrer e José Manuel Hermida.
noticias